Saturday 04 de May de 2024

O alcalde de Ordes recibe aos nenos e nenas do colexio Campomaior na súa visita á biblioteca municipal


O alcalde e a tenente alcalde de Ordes, Manuel Regos e Silvia Marín, non quixeron perderse hoxe a visita que que varios cursos de Primaria do colexio Campomaior realizaron á biblioteca municipal. Ambos tiveron a oportunidade de escoitar de viva voz as opinións que os máis pequenos teñen do centro. Ademais deste encontro todos eles realizaron un mural de estrelas personalizadas nas que depositaron os seus desexos de cara ás vindeiras festas de Nadal.